ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA organiza un concurso para encher Betanzos de globos

ACEBE CCA convoca un concurso para encher Betanzos de globos no que poderán participar todas as persoas que o desexen elaborando un globo no formato que elixan: maqueta, manualidade, fotografía, cartel, etc.
Unha vez feito, deberán fotografiar o seu globo e entregar a fotografía nalgún establecemento asociado a ACEBE CCA para que o expoña no seu escaparate. Tamén poden deixar o orixinal en aqueles establecementos que teñan sitio ou que estean dispostos a expoñelos, consultando previamente co responsable do establecemento. Pode consultar a lista de negocios asociados a ACEBE CCA aquí.
Despois terán que enviar a foto, acompañada do seu nome e apelidos, teléfono de contacto e nome do negocio no que está exposta a imaxe ao correo electrónico betanzosacebe@gmail.com ou por whatsApp ao número 618829804. O prazo para enviar as fotografías remata o 27 de agosto.
O 29 de agosto reunirase o xurado para elixir as fotografías gañadoras e outorgaranse tres premios que foron aportados polo Concello de Betanzos. Un primeiro de 100 euros, un segundo de 50 euros e un terceiro de 30 euros para gastar nos establecementos asociados a ACEBE CCA. Poden consultar aquí as bases.
Decoración dos escaparates
Esta iniciativa xurdiu a raíz dunha proposta dun dos negocios asociados a ACEBE CCA que consistía en animar aos socios e socias a que decoren os seus escaparates con globos, en recordo do símbolo que representa para a cidade o Globo de Betanzos, ausente este ano das festas de San Roque. Son varios os negocios que decoraron xa os seus escaparates con elementos que recordan ao famoso aerostato e dende a directiva animan a todos os seus socios e socias a que o fagan.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

