ACEBE CCA organiza un desfile o 23 de maio na Fundación CIEC

Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do casco histórico, no que se darán cita a moda, a arte, a música e a historia.

A cita será ás 19.30 horas e a entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. A iniciativa sumou unha vintena de negocios participantes que amosarán looks para o día a día e para eventos especiais.

Participantes

Participarán 19 negocios asociados a ACEBE CCA e contarase coa colaboración especial de Manuel Amado, Miriam Rithuals e Musicalmente eventos, ademais de Gadis.

Unha trintena de modelos non profesionais, veciños e veciñas de Betanzos e dos municipios da contorna, desfilarán propostas de baño, homewear, casual, roupa de traballo, gafas e moda de cerimonia.

Lencería Alicia e El Cantón Ropa Interior amosarán as súas propostas de roupa de baño, pixamas, praia e noite.

Marán presentará os mandilóns galegos que están tan de moda e diferentes opcións de roupa de traballo para distintos sectores.

Alecrín, Bicos, Chocolat, Distrito Palmeras, Graf, Miraquélinda e Confecciones Chela amosarán as súas propostas de prendas sport e looks para o día a día.

Cuore Novia y Fiesta desfilará con traxes de noite e cerimonia. Tamén Confecciones Chela presentará traxes de festa e noivo.

Manuel Amado ofrecerá un dos pases máis destacados, unha retrospectiva da evolución do traxe de noiva e dúas creacións propias.

Participan tamén Óptica Brigantium, Óptica Selgas e Óptica Tábora, que, aínda que non terán pases propios, incorporarán gafas como complementos dos modelos.

O peiteado e maquillaxe correrá por conta de Color's Peluquería Saludable, Peluquería Onda e Beatriz 13 peluquería.

Da fotografía e vídeo encargarase Selperia e o evento estará presentado por unha das integrantes da directiva da asociación, Guadalupe Lema.

Entre as sorpresas da noite estarán as actuacións de alumnos e alumnas da Escuela de Baile SalsaNova que ofrecerán varios pases. Musicalmente eventos, porá o broche final cunha actuación en directo.

A directiva de ACEBE CCA agradece a todas as persoas e entidades que se implicaron na organización da pasarela, ás administracións que financian (Xunta de Galicia e Concello de Betanzos), aos modelos, aos negocios que desfilan e colaboran e a Deive, por ceder os traxes de noiva vintage.


Noticia extraída do Nº 402 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis