ACEBE CCA organiza un MercaBetanzos no Edificio Liceo na fin de semana do 28 de febreiro e 1 de marzo

A fin de semana do 28 de febreiro e o 1 de marzo volverán os descontos de MercaBetanzos á planta alta do Edificio Liceo.

O mercado de oportunidades do comercio local que organiza a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) reunirá nesta ocasión a un total de 18 negocios de diferentes sectores que ofrecerán os seus produtos de fin de temporada a prezos reducidos.

Roupa de home, muller e infantil, complementos, lencería e baño, perruquería, libros, alimentación, óptica, parafarmacia e herboristería, confección, roupa e calzado deportivo... estarán representados nesta nova edición de MercaBetanzos que se desenvolverá en horario ininterrompido. O sábado 28 de febreiro estará aberto de 11.00 a 21.00 horas e o domingo 1 de marzo de 11.00 a 19.30 horas.

Os comercios que participarán na feira de oportunidades son: Aceitunas La Pastora, Atleet Todo Deporte, Bicos, Confecciones Chela, Chocolat, Dans, Distrito Palmeras, El Cantón Ropa Interior, Isi, Libraría Biblos, Lencería Alicia, Miraquélinda, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Puntadas con Amor (que recollerá no seu stand prendas para arreglar), Peluquería Beatriz 13, Tartaruga e Xoma Kids.

MercaBetanzos está organizado por ACEBE CCA e está subvencionado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.


Noticia extraída do Nº 399 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis