Un total de 27 negocios de diferentes sectores asociados a ACEBE CCA celebrarán o Samaín agasallando con doces aos nenos e nenas que acudan disfraza...
ACEBE CCA organiza unha charla sobre as obrigas legais dos negocios no ámbito dixital

ACEBE CCA ofrecerá unha charla sobre as obrigas legais dos negocios no ámbito dixital na que se afondará no programa Verifactu, na fichaxe dixital e na protección de datos.
A xornada formativa impartirase o 6 de maio ás 20.40 horas na sede da asociación, na Praza Mestre Xosé Dapena número 1.
O encargado de impartir a charla será Alex Ponte, de Estudio Seijo e a formación está deseñada para axudar ás pemes a destacar no entorno dixital.
O faladoiro abordará tres ámbitos que obrigan aos negocios a tomar decisións tecnolóxicas: a adaptación do software de facturación a Verifactu, a evolución cara a un rexistro laboral dixital máis esixente e as obrigas de protección de datos na web e nas comunicacións comerciais. O obxectivo non é entrar no detalle xurídico completo, senón axudar a identificar que ferramentas e procesos convén revisar para evitar erros, custes innecesarios e cumprir a lei sen complicacións.
A actividade formativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
15/09/2026
ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...




