ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA organiza unha xornada de formación sobre marca e redes sociais para pemes

Os días 21 e 22 de xullo os socios e socias de ACEBE CCA poderán participar nunha acción formativa sobre marca e redes sociais orientada a axudar aos empresarios a facer que o seu negocio se posicione no entorno dixital, se diferencie e atraia novos clientes.
A xornada desenvolverase no Salón Azul do Edificio Liceo e será impartida por Andrea Fandiño de Cendá Formación. O primeiro día o programa centrarase en tres eixos: estratexia, marca e contido, e trataranse temas como: proposta de valor, posicionamento, estratexia de marca, rol a aplicar nas redes sociais, elección das canles máis axeitadas, piares e contidos e aplicación da teoría nunha dinámica.
O segundo día, a programación centarase na conversión e vendas. Abordaranse cuestións relacionadas con como vender, a publicidad dixital, as métricas, plan de 30 días e aplicación da teoría nunha dinámica.
A actividade formativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...




