ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA organiza unha nova edición de "Betanchef" o 15 de xuño

Imaxe da campaña Betanchef
ACEBE CCA organiza unha nova edición de “Betanchef” o 15 de xuño
A Praza do Campo de Betanzos acollerá o 15 de xuño unha nova edición de “Betanchef”, un evento organizado por ACEBE CCA no que pequenos e adultos poderán participar en diferentes actividades relacionadas co mundo da cociña.
Durante toda a xornada celebraranse talleres de cociña infantil, showcookings impartidos por hostaleiros locais, degustacións e tamén unha ruleta con agasallos nos que se poderán conseguir diferentes premios como xogos de mesa, comics e xoguetes da coñecida marca infantil Superzings.
Os clientes do comercio local terán oportunidade de participar nestas actividades conseguindo as invitacións nos comercios e empresas asociadas a ACEBECCA. Cada invitación dará opción a participar nunha das propostas mencionadas.
En total repartiranse máis de 8.300 invitacións entre os comercios e empresas asociadas a ACEBE CCA. Cada un dos asociados poderá repartir as invitacións entre os seus clientes segundo as compras que realicen.
Esta iniciativa forma parte da campaña de verán de ACEBE CCA que comezou a finais de maio co reparto de boletos “Rasca e Gaña” mediante os que a Asociación repartiu un total de 1.500 euros en premios e 1.400 bolsas de tea reutilizables.
Esta nova edición de “Betanchef” conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Diputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

