A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
ACEBE CCA organiza unha nova edición de MercaBetanzos a primeira fin de semana de setembro

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que se desenvolverá nunha carpa instalada na praza Irmáns García Naveira e no que se darán cita 15 negocios locais.
O mercado está concebido para que os comercios participantes poidan vender os seus produtos de stock a prezos reducidos antes do inicio da nova temporada. Os clientes teñen así a oportunidade de comprar produtos de primeira calidade moi rebaixados e procedentes de comercios e empresas locais e de confianza. Ademais, MercaBetanzos constitúe para os establecementos que participan unha oportunidade única de promoción e de captación de novos clientes, ao centralizar as vendas nun espazo céntrico e no marco dun evento que adoita atraer a numeroso público, tanto de Betanzos como das localidades do entorno.
A carpa, duns 350 metros cadrados, disporá de probadores con espellos para que as persoas que o desexen poidan probar as prendas e complementos antes de compralos.
O horario do mercado será ininterrompido, para facilitar as compras: o sábado 5 abrirá ás 11.00 horas e pechará ás 21.00 horas e o domingo 6 o horario de apertura ao público será de 11.00 a 19.30 horas.
Ademais, o domingo día 6, ás 13.30 horas haberá sesión vermú co grupo The Cans.
Negocios participantes
Acudirán ao evento comercios e empresas de diferentes sectores: alimentación, moda e complementos para home e muller, roupa e calzado deportivo, moda infantil, óptica, parafarmacia e herboristería, lencería e baño e servizos sanitarios.
Os negocios que participarán na feira de oportunidades son: Aceitunas La Pastora, Atleet Todo Deporte, Bicos, CMUC- Centro Multidisciplinar de Úlceras Crónicas, Confecciones Chela, Chocolat, Dans, Distrito Palmeras, Isi moda y complementos, Lencería Alicia, Miraquélinda, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Tartaruga, Traviesa e Xoma Kids.
MercaBetanzos está organizado por ACEBE CCA e cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...

