ACEBE CCA organiza unha nova edición de MercaBetanzos os días 29 e 30 de marzo no Liceo

A planta alta do Edificio Liceo será o escenario dunha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, organizado por ACEBE CCA e no que están inscritos 14 negocios de diferentes sectores.

Moda e complementos, lencería e baño, moda infantil, perruquería, libros, alimentación, óptica e parafarmacia estarán representados nesta nova edición de MercaBetanzos que se desenvolverá os días 29 e 30 de marzo en horario ininterrompido. O sábado de 11.00 a 21.00 horas e o domingo de 11.00 a 19.30 horas.

Nesta ocasión sumáronse á iniciativa 14 comercios: Aceitunas La Pastora, Bicos, Chocolat, Dans, Distrito Palmeras, El Cantón Ropa Interior, Libraría Biblos, Lencería Alicia, Miraquélinda, Mirropa, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Peluquería Beatriz 13, Tartaruga e Xoma Kids.

MercaBetanzos ofrece a oportunidade aos negocios participantes de liquidar os seus stocks de temporada nun entorno común no que se dan cita diferentes tipos de comercios e empresas que poñen á venda produtos de primeira calidade a prezos moi rebaixados.

Os clientes teñen así a ocasión ideal para mercar artigos moi rebaixados e nun espazo no que atoparán unha ampla variedade de opcións nunha mesma estancia. Ademais da venda de produtos con importantes descontos, para os negocios inscritos esta feira constitúe unha boa forma de promoción.

Durante os dous días que dura o evento haberá un posto solidario de elaboración e venda de filloas atendido por persoal voluntario de Manos Unidas, e algunha sorpresa máis.

MercaBetanzos está organizado por ACEBE CCA e subvencionado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.


Noticia extraída do Nº 388 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis