ACEBE CCA organiza unha nova edición do Betanzos Showroom Celebra o 25 e 26 de novembro no Edificio Liceo

Os días 25 e 26 de novembro ACEBE CCA organiza no Edificio Liceo unha nova edición do Betanzos Showroom Celebra no que participan nove  expositores de sectores relacionados coa celebración de eventos: roupa de noiva, de comuñón, bautizo e arras, fotografía, maquillaxe, viaxes, perruquería e estética, doces, música, animación…

As persoas que acudan ao evento poderán visitar os stands de Cuore Boutique, Larpeiradas Babel, Xoma Kids, Zafiro Tours, Selperia, Discomóvil Sebas 21, SV Estética, La Pelu de Nana e Soloe Viajes. O evento conta coa colaboración especial de Flores Dans e de El Rastro de Merce que se ocuparán da decoración do recinto.

A entrada será gratuíta e o horario será ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas tanto o sábado como o domingo. O sábado pola tarde, a partir das 18.00 horas haberá un desfile infantil de comuñón e arras.

Ademais, haberá demostracións en varios dos stands e os negocios participantes sortearán agasallos entre os visitantes.

Betanzos Showroom Celebra está organizado por ACEBE CCA e patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña e o Concello de Betanzos, coa colaboración de El Rastro de Merce e Flores Dans.


Noticia extraída do Nº 372 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis