ACEBE CCA pon en marcha a campaña de envíos gratuítos para as vendas en liña

ACEBE CCA puxo en marcha o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña ao que polo momento se sumaron un total de 18 comercios. Trátase dunha prestación exclusiva para comercios asociados coa finalidade de axudar a impulsar a competitividade do comercio local no mercado global de Internet.

Os negocios inscritos polo momento son: Lencería Alicia, Miraquelinda, Rocigarcía, Cuore Boutique, Librería Brea, Parafarmacia e Óptica  Selgas, Manuela Ferreira Decoración, El Cantón Ropa Interior, Chocolat, Xoma Kids, Dans, Distrito Palmeras, Maskesueños, Freesia, Bicoca Moda Home, Isi , Tocho Comercial e Tartaruga.

A Asociación financiará os custes de ata un máximo de 15 envíos ao mes por cada comercio, un límite que se revisará máis adiante en función do consumo e das novas inscricións.

Os comercios inscritos poderán ofrecer así o envío gratuíto das compras que os seus clientes realicen nos seus negocios a través das súas páxinas web ou das redes sociais. Os envíos realizaranse a través da sucursal de MRW de Betanzos que xa contactou cos diferentes comercios apuntados para explicar as condicións da prestación.

O servizo estará subvencionado pola Xunta de Galicia a través das Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e estará activo ata o vindeiro mes de outubro ou ata que se esgote o crédito concedido pola Consellería.

Os comercios asociados a ACEBE CCA que desexen inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico a: acebe@comerciodebetanzos.com ou comunicándose coa asociación no teléfono 981774574 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.


Novas relacionadas


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis