ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA pon en marcha a campaña de envíos gratuítos para vendas en liña

ACEBE CCA acaba de poñer en marcha a campaña de envíos gratuítos para as vendas en liña da que poderán beneficiarse os negocios asociados que se inscriban previamente.
Ata o momento xa se apuntaron máis dunha quincena de comercios aos que a asociación subvencionará ata un máximo de 100 euros mensuais. Esta cifra poderá variar dependendo do número de envíos realizados e das novas inscricións.
Os negocios inscritos na campaña son: Cuore, El Cantón Ropa Interior, Rocigarcia, Lencería Alicia, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Miraquélinda, Manuela Ferreira, Distrito Palmeras, Bicoca Moda Home, Librería Brea, Xoma Kids, Freesia, Tocho Comercial, Dans, Tartaruga, Maskesueños, Chocolat e Libraría Biblos.
Trátase dunha campaña exclusiva para comercios asociados e que conta cunha subvención da Dirección Xeral de Comercio. A iniciativa estará en activo ata o vindeiro mes de setembro, se ben podería rematar anticipadamente no caso de que se esgote o crédito asignado.
Os comercios asociados que o desexen poden inscribirse enviando un correo electrónico a acebe@comerciodebetanzos.com, enviando unha mensaxe ao 618829804 ou chamando ao 981774574.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

