A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
ACEBE CCA pon en marcha a campaña Merca, Rasca, Gaña con 300 premios valorados en 1500 euros

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos negocios inscritos nesta nova acción promocional da asociación.
Os clientes poderán recibir polas súas compras boletos “rasca e gaña” nos máis de 60 negocios inscritos na campaña e terán a oportunidade de obter premios directos. En total, poñeranse en xogo 50 vales de 20 euros cada un, 124 bolsas de tea de algodón reutilizables, 36 libros de cómic e 90 camisetas.
No caso de conseguir un boleto premiado cun vale de 20 euros, o cliente poderá canxealo directamente en calquera dos establecementos asociados, aínda que non estean inscritos na campaña, nunha compra de valor igual ou superior ao importe do vale. Se o premio obtido é unha bolsa de tea, un cómic ou unha camiseta, deberán recollelo na oficina da asociación, situada na Praza Mestre José Dapena número 1, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os boletos premiados deberán canxearse polos seus respectivos premios antes das 14.00 horas do día 12 de agosto. Poden consultar aquí as bases completas da promoción e a listaxe de negocios inscritos.
A acción promocional está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

