A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
ACEBE CCA presenta a súa nova App para clientes e asociados

A directiva de ACEBE CCA durante a presentación da App
ACEBE CCA acaba de presentar a súa nova App que dispón de múltiples funcionalidades tanto para os asociados como para os clientes dos negocios que forman parte da entidade.
A aplicación permitirá xestionar campañas de fidelización de tres tipos: sorteos con premios directos e premio final, nas que o cliente poderá obter un regalo de forma inmediata e, no caso de non ser premiado, optar a un sorteo final; sorteos con premio final, mediante o rexistro de ticket de compras; concursos, nos que o cliente participa nun sorteo final logo de puntuar, a través da app, unha serie de produtos.
Por outro lado, os propios asociados poderán xerar a través da App tarxetas regalo do establecemento que só poderán canxearse no seu negocio; campañas de acumulación de saldo por compras; campañas de comercio circular ofrecendo bonos para consumir noutros negocios, etc.
ACEBE CCA comunicará proximamente aos seus socios e socias as claves de acceso para que poidan xestionar a App para o seu negocio. Ao mesmo tempo poden acceder como particulares cun usuario e contrasinal para beneficiarse das vantaxes que ofrecen os outros asociados ou participar nas campañas que se xeren a través da aplicación dende a Asociación. A App permitirá tamén identificar aos socios e socias e aos seus empregados, mediante un código QR, para que poidan beneficiarse das condicións vantaxosas que ofrecen outros negocios a través dos convenios asinados con ACEBE CCA.
Pola súa parte, os clientes que descarguen a aplicación poderán participar dunha forma sinxela e directa nas diferentes campañas que organice a Asociación ou nas que realicen os diferentes establecementos.
A aplicación, que xa está dispoñible para Android e Ios, está de-senvolvida pola empresa BitNorte Consulting que xa puxo en marcha outras similares para asociacións de comerciantes doutras localidades polo que as prestacións que ofrece están testadas.
A directiva de ACEBE CCA presentou esta nova ferramenta durante a Asemblea Xeral de Socios que se celebrou o 2 de marzo e na que un responsable da empresa BitNorte Consulting se encargou de respostar todas as dúbidas das persoas asistentes. "Con esta aplicación damos un paso moi importante de cara á modernización dos nosos servizos, o que facilitará moito a xestión. A App é moi intuitiva no seu manexo e permítenos poñer a disposición dos nosos asociados unha ferramenta dixital que lles ofrece múltiples vantaxes", explicou a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

