A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...
ACEBE CCA recibiu o 2026 cunhas badaladas anticipadas na Praza da Constitución

Numerosas persoas asistiron ás badaladas anticipadas de ACEBE CCA / Foto Arume
A directiva de ACEBE CCA organizou o 31 de decembro ás dúas da tarde un recibimento especial para o ano novo convocando á cidadanía a participar nunhas badaladas anticipadas na Praza da Constitución.
A asociación convidou ás persoas asistentes a bebidas para o brinde e entregou bolsas con doce golosinas para tomar ao son das badaladas que soaron pola megafonía.
A expectación xerada superou as previsións da asociación que tivo que improvisar para que ningunha das persoas asistentes quedase sen a súa bolsa de doces que foron repartidas por voluntarias da directiva.
Á cita tamén se sumaron comerciantes e empresarios asociados a ACEBE CCA e representantes dos tres partidos políticos municipais.
Agradecementos
A directiva da asociación agradeceu a todas as persoas que acudiron á Praza da Constitución para participar deste evento que o colectivo organizaba por primeira vez.
Ademais, expresaron o seu agradecemento especial para as persoas, empresas e entidades que colaboraron na organización e loxística, en especial ao Concello de Betanzos, a Gadisa e a Queique Bar.
A presidenta da asociación, María Luisa Pérez Iglesias, mostrou a súa satisfacción pola boa resposta da cidadanía e pola alta participación de público e avanzou que a intención da directiva é volver a organizar de novo un evento similar para o vindeiro ano.
Novas relacionadas
24/04/2024
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...
01/06/2023
Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...
14/04/2021
A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...







