Un total de 27 negocios de diferentes sectores asociados a ACEBE CCA celebrarán o Samaín agasallando con doces aos nenos e nenas que acudan disfraza...
ACEBE CCA reforza a súa plantilla a través do Programa operativo de emprego xuvenil

ACEBE CCA reforzou a súa plantilla coa incorporación dunha traballadora a xornada completa que realizará tarefas administrativas e de reforzo da unidade xerencial para a creación de estratexias de promoción. O contrato enmárcase dentro da convocatoria de subvencións do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo.
As tarefas que desenvolverá a nova empregada da asociación, que asinou un contrato por un período de 9 meses, son principalmente asesoramento a empresas e creación de estratexias de captación e fidelización de clientes.
ACEBE CCA estableceu uns criterios de selección baseados nos requisitos da convocatoria: Persoa de entre 18 e 29 anos, desempregada, inscrita como tal no Servizo Público de Emprego (SEPE) e no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non ter traballado 180 días ou máis ao abeiro dos programas da Consellería de Emprego da Xunta en 2025.
Unha vez recibidas do INEM as candidaturas que se axustaban a estes requisitos básicos, a asociación realizou as correspondentes entrevistas e na selección final primou, ademais da súa formación e currículum, o feito de que a candidata elixida era residente en Betanzos.
Novas relacionadas
15/09/2026
ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...

