ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA sortea 100 euros na súa campaña de San Valentín

ACEBE CCA sorteará 100 euros en acebecheques a través da súa campaña de San Valentín. Para participar será preciso respostar a un cuestionario ao que se pode acceder a través das redes sociais de ACEBE CCA (Instagram ou Facebook) ou mediante este código QR impreso nos carteis promocionais. Ao rematar o cuestionario ofreceranse suxestións de agasallos que poden atoparse nos negocios asociados.
O cuestionario deberá respostarse antes das 00.00 horas do 12 de febreiro para que a participación no sorteo sexa válida, indicando o nome e apelidos, teléfono, correo electrónico de contacto e o nome do perfil de Facebook ou Instagram da persoa participante.
Nun prazo de 24 horas desde o envío das respostas, ACEBE CCA remitiralle á persoa participante un correo electrónico confirmando a súa participación e recomendándolle catro posibles agasallos para San Valentín.
O sorteo realizarase o 14 de febreiro ás 12.00 horas mediante unha ferramenta dixital que seleccionará ao azar a unha persoa de entre todas as participantes. O resultado publicarase nas contas de Facebook e Instagram de ACEBE CCA.
A asociación contactará coa persoa premiada e, se non resposta antes das 12.00 horas do 16 de febreiro, realizarase un segundo sorteo que terá como prazo de resposta ata o 19 de febreiro.
A data límite para canxear o premio será o 15 de marzo de 2024 e o acecheque por valor de 100 euros poderá gastarse en calquera dos 160 establecementos asociados a ACEE CCA. Pode consultar aquí as bases completas da promoción.
Esta campaña é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e actividade subvencionada pola Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

