ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA sortea 150 euros en premios a través da App

ACEBE CCA pon en marcha o 15 de setembro a súa campaña de outono, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un a través da aplicación móbil AcebeCCA.
Os premios adxudicaranse mediante un sorteo que se realizará a través da propia app e poderán gastarse en calquera dos negocios asociados á entidade.
Como participar
Para participar na campaña, os clientes deberán ter descargada a app AcebeCCA, entrar no enlace da campaña, reunir tíckets de compra por valor de 300 euros e rexistralos na aplicación.
Os tíckets deben corresponderse con compras realizadas en establecementos asociados a ACEBE CCA e nas datas nas que estea vixente a campaña, é dicir, entre o 15 e o 30 de setembro.
Unha vez que se acaden os 300 euros en compras, os clientes poderán seguir participando, xuntando máis tíckets e incrementando as oportunidades de gañar.
Sorteo
Unha vez finalizada a campaña, o día 1 de outubro realizase o sorteo a través da aplicación móbil. A organización comprobará que as persoa gañadoras cumpren cos requisitos. Se algunha non cumpre co establecido nas bases realizarase un novo sorteo. A asociación comunicarase con cada unha das persoas que resultaran premiadas e acordarase unha cita para activar o seu bono de 75 euros na aplicación do premiado.
Os gañadores poderán gastar os seus premios tan só amosando o código QR do bono no momento de realizar a compra. O importe do premio pode canxearse exclusivamente en negocios asociados a ACEBE CCA, ben integramente nunha compra ou repartido en varias ata esgotar o saldo.
A campaña de outono de ACEBE CCA está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

