ACEBE CCA sortea dous bonos de 75 euros cada un na súa Campaña de primavera

A Campaña de primavera de ACEBE CCA sorteará dous premios de 75 euros cada un a través da súa aplicación móvil AcebeCCA. Para poder participar, o cliente terá que descargar a aplicación, darse de alta como usuario, entrar na campaña e rexistrar os tíckets de compra que reúna entre o 15 e o 28 de marzo ata sumar un valor de 300 euros. As compras deberán realizarse nos establecementos asociados a ACEBE CCA entre as datas indicadas para que teñan validez.

Unha vez reunidos os 300 euros en tíckets, os clientes poderán seguir xuntando tíckets para ter máis opcións de gañar.

O sorteo realizarase o día 1 de abril mediante unha ferramenta informática que elixirá ás persoas gañadoras ao azar.

A organización comprobará que a persoa gañadora cumpre cos requisitos establecidos nas bases e, unha vez feitas as comprobacións, contactará co premiado para activar na súa app o bono. De non cumprir cos requisitos volverá a realizarse o sorteo.

Os clientes que resulten premiados recibirán cadanseu bono de 75 euros que poderán canxear a través da aplicación nos establecementos asociados, só con amosar o código QR da App no momento de efectuar o pago.

Os socios e socias de ACEBE CCA e as persoas empregadas das diferentes empresas asociadas tamén poderán participar na campaña, se ben non poderán facelo con tíckets de compra dos establecementos dos que son titulares ou nos que traballan.

O premio só poderá canxearse mediante a aplicación polo que é moi importante que os socios e socias a teñan descargada. Poden consultar aquí as bases completas.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis