ACEBE CCA celebra o sorteo dos 1500 euros da Campaña de Nadal

A presidenta de ACEBE CCA, Mª Luisa Pérez, no centro, xunto á vicepresidenta, Claudia Marques, e o notario Francisco J. Ramírez González durante o sorteo / FOTO ARUME

Gallery Thumb 1

ACEBE CCA realizou o 10 de xaneiro o sorteo ante notario dos premios da Campaña "Betanzos ilumina o teu Nadal" organizada pola asociación para incentivar o consumo nas empresas asociadas e para premiar a fidelidade dos clientes.

A acción promocional desenvolveuse entre o 13 e o 31 de decembro nos comercios asociados a ACEBE CCA. Os empresarios repartiron entre os seus clientes os  boletos para participar no sorteo de 1.500 euros en premios que se distribúen nun primeiro premio de 500 euros, dous segundos de 250 euros cada un e cinco terceiros de 100 euros cada un.

Os premios entregaranse en forma de tarxeta regalo e poderán canxearse nos establecementos asociados a ACEBE CCA. As persoas que teñan algún dos boletos gañadores deberán comunicarse coas oficinas de ACEBE CCA, situadas na Praza Mestre José Dapena, número 1, baixo (Edificio Escolas García Naveira) ou chamar por teléfono ao 981774574, en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. A data límite para reclamar os premios será o venres 28 de xaneiro ás 14:00 horas. Consulta aquí os números premiados.

A campaña completouse con talleres de Nadal impartidos por Compás Proxectos. A iniciativa contou coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Betanzos e co patrocinio de Gadis.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis