ACEBE CCA sortea os 26 premios da campaña de verán

O notario, Óscar López Doval, e a presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, durante o sorteo / FOTO ARUME

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) realizou o pasado 6 de xullo o sorteo ante notario dos 26 premios da campaña de verán "Merca, GAÑA e dálle vida".

A asociación sorteou un total de 15 acebecheques de 50 euros cada un (10 para gastar en calquera dos establecementos asociados a ACEBE CCA e 5 para gastar nos negocios de hostalería integrados no colectivo).

Ademais, sorteáronse 10 roteiros de eco-turismo pola comarca das Mariñas para dúas persoas organizados por Compás Proxectos, e unha fin de semana nunha casa de turismo rural da provincia, canxeable na axencia Eroski Viaxes Betanzos.

As persoas que teñan algún dos boletos premiados deberán poñerse en contacto coas oficinas de ACEBE CCA antes do 23 de xullo para reclamar o seu premio. Poden facelo por teléfono, chamando ao 981774574 ou ao 618829804, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas. Tamén poden contactar a través do correo electrónico: acebe@comerciodebetanzos.com

A campaña promocional contou co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Betanzos e de Gadis. Podes consultar os números premiados aquí.

Descargar archivo

Noticia extraída do Nº 344 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis