ACEBE CCA sortea máis de 1400 euros en premios na Campaña de Nadal

Gallery Thumb 1

ACEBE CCA organiza unha nova campaña de Nadal con rifas na que sorteará 1410 euros en premios entre os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados entre o 12 e o 29 de decembro.

Haberá tres premios aportados pola asociación, un de 200 euros e dous de 150 euros cada un. Os restantes premios corresponden a vales aportados por unha vintena de negocios asociados que se sumaron á proposta. Nestes casos, os vales só poderán ser gastados nos establecementos indicados.

Colaboran na campaña: Gadis, cun vale de 100 euros e outro de 50; Restaurante Cho, aportando un vale de 40 euros; Bicos, Chocolat, Comercial Veiga, Dans, El Cantón Ropa Inetrior, Joyería Fina Carabel, Larpeiradas Babel, Lencería Alicia, Óptica Brigantium, Miraquélinda, Óptica Selgas, Xoma kids, Libraría Biblos e Occident, aportando cadanseu premio de 30 euros; Zentral Óptica, que aporta 5 vales de 30 euros e Ecolaundry, con 10 vales de 15 euros.

Os clientes recibirán coas súas compras rifas para participar no sorteo que se realizará ante notario o 8 de xaneiro de 2025. Unha vez que se coñezan os números premiados os posuidores dos boletos agraciados deberán comunicarse coas oficinas de ACEBE CCA no teléfono 981774574 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas para xestionar a entrega do premio.

Poden consultar aquí as bases completas da promoción que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis