ACEBE CCA SORTEA PREMIOS POR VALOR DE 2000 EUROS ESTE NADAL

Gallery Thumb 1

ACEBE CCA organiza unha nova campaña de Nadal na que sorteará un total de 37 premios valorados en 2000 euros entre os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados entre o 10 e o 28 de decembro.

A campaña repartirá un total de 37 premios en forma de vales. Haberá nove aportados pola asociación por un importe total de 1.055 euros: un acebecheque de 200 euros, dous de 150 euros cada un, cinco de 100 euros e un de 55 euros, que poderán gastarse en calquera dos negocios asociados. Os restantes corresponden a vales aportados por 23 negocios socios que se sumaron á proposta. Nestes casos, os vales só poderán ser canxeados nos establecementos indicados.

Colaboran na campaña: Gadis, cun vale de 100 euros e outro de 50; Amizar Psicoloxía, aportando un bono de 65 euros; Soloe Viajes, cun vale de 50 euros; Supermercado Bonome, un de 40 euros; Alecrín, Chocolat, Colors Peluquería, Comercial Veiga, El Cantón Ropa Interior, Farmacia As Cascas, Freesia, Lencería Alicia, Miraquélinda, Óptica Brigantium, Óptica Tábora, Óptica-Parafarmacia Selgas, Zafiro Tours, aportando cadanseu premio de 30 euros; Segundo Productos Naturales aporta un vale para unha cesta de produtos gourmet valorada en 30 euros; Piccola Alameda, dous vales de 25 euros cada un; e Dans, Tien 21 Molares, Marán e Mercería O Carrete aportan cadanseu vale de 20 euros.

Os clientes recibirán coas súas compras as rifas para participar no sorteo que se realizará ante notario o 8 de xaneiro de 2026. Unha vez que se coñezan os números premiados, os posuidores dalgún dos boletos agraciados deberán comunicarse coas oficinas de ACEBE CCA no teléfono 981774574 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas para xestionar a entrega do premio. O prazo para reclamar o premio remata ás 14.00 horas do 30 de xaneiro.

Poden consultar aquí as bases completas da campaña, que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis