ACEBE CCA sortea un premio de 100 euros na Campaña de San Valentín

A Campaña de San Valentín de ACEBE CCA sorteará un premio de 100 euros en acebecheques entre as persoas que resposten un cuestionario ao que se pode acceder a través das redes sociais de ACEBE CCA (Instagram ou Facebook) ou mediante o código QR impreso nos carteis promocionais. Ao respostar o cuestionario, ademais de participar no sorteo, a persoa participante recibirá unha mensaxe con catro suxestións de agasallos para San Valentín que pode atopar nos negocios asociados.

Para poder participar no sorteo, o cuestionario deberá respostarse antes das 23.00 horas do 12 de febreiro e deberá indicarse o nome e apelidos, teléfono, correo electrónico de contacto e o nome do perfil de Facebook ou Instagram da persoa participante, se o ten.

Nun prazo de 24 horas desde o envío das respostas, ACEBE CCA remitiralle un correo electrónico confirmando a súa participación no sorteo e recomendándolle catro posibles agasallos para San Valentín axustados ás súas respostas e que pode mercar nos comercios asociados.

O sorteo realizarase o 13 de febreiro ás 12.00 horas mediante unha ferramenta dixital que seleccionará ao azar a unha persoa de entre todas as participantes. O resultado publicarase nas contas de Facebook e Instagram de ACEBE CCA.

A asociación contactará coa persoa premiada e, se non resposta antes das 12.00 horas do 18 de febreiro, realizarase un segundo sorteo que terá como prazo de resposta ata o 20 de febreiro. De non aparecer a persoa agraciada, realizaranse ata un máximo de dous sorteos alternativos con dous días naturais de prazo entre eles. As bases completas da campaña poden consultarse aquí. Podes acceder ao cuestionario premendo neste enlace.

Unha vez entregado o premio, a persoa gañadora terá como data límite para canxealo ata o 13 de marzo de 2026 e poderá gastar os acebecheques por valor de 100 euros en calquera dos máis de 200 establecementos asociados a ACEE CCA.

Esta campaña é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis