ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA sortea unha cea para dúas persoas valorada en 100 euros por San Valentín

ACEBE CCA organiza un concurso nas redes sociais con motivo da celebración do Día dos Namorados que consistirá no sorteo dun acebecheque de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos de hostalería asociados a ACEBE CCA.
Para participar só hai que cubrir un cuestionario seguindo o enlace que se promocionará no Facebook e no Istagram de ACEBE CCA e que estará activo entre o 7 e o 12 de febreiro. As persoas participantes deberán respostar ás preguntas que se lle formulan. Unha vez cuberto e no prazo de 24 horas, remitiráselle a confirmación de participación no concurso e un documento con catro suxestións de agasallos para a súa parella que poderá atopar nos establecementos asociados a ACEBE CCA.
O sorteo realizarase mediante unha ferramenta dixital que seleccionará á persoa gañadora ao azar. A organización contactará con ela e esta debe respostar nun prazo de dous días. De non facelo, procederase a un segundo sorteo e tamén se dará un prazo de dous días para que a persoa agraciada contacte coa asociación.
Unha vez entregado o premio, a persoa gañadora terá de prazo ata o 6 de marzo para canxear o acebecheque. Poden consultar as bases neste enlace.
A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

