ACEBE CCA sortea 30 de premios valorados en máis de 1500 euros na campaña de verán

Gallery Thumb 1

A Campaña de Verán de ACEBE CCA sortea un total de 30 premios valorados en 1545 euros entre os clientes que consuman nos establecementos asociados entre o 1 e o 16 de xullo.

A acción promocional consistirá no reparto de rifas que permitirán aos clientes participar no sorteo que se celebrará ante notario o día 21 de xullo.

Premios

ACEBE CCA sorteará un total de 30 premios dos cales sete serán vales aportados pola asociación que poderán canxearse en calquera dos establecementos asociados á entidade. Haberá un acebecheque de 250 euros, un de 200 euros, dous de 150 euros, un de 130 euros, un de 100 euros e outro de 50 euros.

Por outro lado, 14 negocios colaboran na campaña aportando un total de 25 premios algúns en forma de vales de compra que só poderán gastarse neses establecementos e outros en forma de agasallo como é o caso de Comercial Veiga que aporta unha freidora de aire valorada en 65 euros ou Tien 21 Molares que aporta unha cafetera valorada en 30 euros.

Os restantes premios son vales de compra de 20 euros para gastar nos seguintes negocios: Chocolat, Dans, El Cantón Ropa Interior, Larpeiradas Babel, Lencería Alicia, Marán, Miraquélinda, Óptica Brigantium, Óptica-Parafarmacia Selgas, Segundo Productos Naturales, Xoma Kids e Tocho, que aporta un total de 10 vales.

Sorteo

O sorteo realizarase ante notario o día 21 de xullo e os clientes que resulten agraciados terán ata o 8 de agosto para acudir ás oficinas de ACEBE CCA co boleto premiado para reclamar o seu premio.

Poden consultar aquí as bases completas da promoción

Os números resultantes do sorteo publicaranse na páxina web da asociación: www.comerciodebetanzos.com e nas redes sociais, Facebook e Instagram, de ACEBE CCA.

A acción promocional está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis