Os premiados da Campaña de Nadal xa poden recoller os seus agasallos

Imaxe do sorteo ante notario dos premios da campaña / ARUME

ACEBE CCA celebrou o 9 de xaneiro o sorteo ante notario dos 32 premios valorados en 1.500 euros da campaña "Este Nadal en Betanzos As estrelas traerán moitos agasallos".

O sorteo celebrouse na sede da asociación ante o notario Francisco J. Ramírez González. Asistiron tamén a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez, a vogal e directora de “Betanzos e a súa comarca”, Belinda Lameiro, e a secretaria da asociación, Eva García.

As persoas premiadas terán ata as 14.00 horas do 27 de xaneiro para contactar coas oficinas da asociación no teléfono 981 774 574 para reclamar o seu premio. Para recibir o seu agasallo deberán entregar o resgardo da cartilla.

O horario de atención ao público das oficinas é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Consulta aquí os números premiados.

A campaña desenvolveuse entre o 12 e o 31 de decembro e consistiu no reparto de cartillas que os clientes tiñan que encher con pegatinas de estrelas e depositalas en calquera dos negocios asociados ou nas oficinas de ACEBE CCA, gardando o resgardo para poder reclamar o seu premio. Podes consultar aquí as bases da promoción.

Os premios foron mercados  pola asociación en 32 negocios integrados na entidade e están valorados en 1.500 euros.

A campaña de Nadal organizada por ACEBE CCA é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis