ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA realiza o sorteo ante notario dos premios da Campaña de Verán

ACEBE CCA celebrou o 10 de xullo o sorteo ante notario dos 32 premios valorados en 1.500 euros da campaña "Un verán de rifas en Betanzos".
O sorteo celebrouse na sede da asociación ante o notario Óscar López Doval. Asistiron tamén a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez, a vicepresidenta, Claudia Marques, e a secretaria da asociación, Eva García.
As persoas premiadas terán ata as 14.00 horas do 28 de xullo para contactar coas oficinas da asociación no teléfono 981 774 574 e reclamar o seu premio. Para recibir o seu agasallo deberán entregar a rifa en boas condicións e lexible.
O horario de atención ao público das oficinas é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Consulta aquí os números premiados.
A campaña consistiu no reparto de rifas entre os clientes dos negocios asociados polas compras realizadas entre o 12 e o 30 de xuño. Podes consultar aquí as bases da promoción.
Os premios foron mercados pola asociación en 32 negocios integrados na entidade e están valorados en 1.500 euros.
A campaña de Verán está organizada por ACEBE CCA e está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...










