ACEBE CCA sorteará un premio de 100 euros por San Valentín

ACEBE CCA sorteará un premio de 100 euros en acebecheques con motivo da celebración de San Valentín. Para participar será preciso respostar a un cuestionario ao que se pode acceder a través dos perfís de Instagram ou Facebook de ACEBE CCA e dun código QR impreso nos carteis promocionais e mediante o que se ofrecerán suxestións de agasallos que poden atoparse nos negocios asociados.

O cuestionario deberá respostarse antes das 00.00 horas do 12 de febreiro para que a participación no sorteo sexa válida, indicando o seu nome e apelidos, teléfono, correo electrónico de contacto e o nome do seu perfil de Facebook ou Instagram.

Nun prazo de 24 horas desde o envío das respostas, ACEBE CCA remitiralle á persoa participante un correo electrónico confirmando a súa participación e recomendándolle catro posibles agasallos para San Valentín.

O sorteo realizarase o 14 de febreiro ás 12.00 horas mediante unha ferramenta dixital que seleccionará ao azar a unha persoa de entre todas as participantes. O resultado publicarase nas contas de Facebook e Instagram de ACEBE CCA.

A asociación contactará coa persoa premiada e, se non resposta antes das 12.00 horas do 16 de febreiro, realizarase un segundo sorteo que terá como prazo de resposta ata o 18 de febreiro.

A data límite para canxear o premio será o 6 de marzo de 2023 e os acebecheques por valor de 100 euros poderán gastarse en calquera dos 160 establecementos asociados a ACEE CCA.

A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis