ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA sorteou os 1500 euros en premios da Campaña de Nadal

A presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, e o notario Óscar M. López Doval durante o sorteo / ARUME
ACEBE CCA realizou o 8 de xaneiro o sorteo ante notario dos 1.500 euros en premios da Campaña de Nadal da asociación. O notario, Óscar M. López Doval, extraeu oito papeletas correspondentes aos oito premios que a campaña poñía en xogo. Consulta aquí os números premiados.
A asociación sorteou 1.500 euros que se dividen nun primeiro premio de 500 euros, dous segundos de 250 euros cada uno e cinco terceiros de 100 euros cada un.
As persoas que teñan algún dos boletos premiados deberán comunicarse coas oficinas de ACEBE CCA, situadas na Praza Mestre José Dapena, número 1 baixo (Edificio Escolas García Naveira) ou chamar por teléfono 981774574, en horario de mañá. A data límite para reclamar os premios será o venres 24 de xaneiro ás 14:00 horas.
Os premios entregaranse en forma de tarxeta regalo y poderán canxearse nos establecementos asociados a ACEBE CCA.
A campaña completouse cun parque infantil de xogos na Praza dos Irmáns García Naveira. Esta acción promocional de Nadal de ACEBE CCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Betanzos e de Gadis.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


