ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA e Banco Sabadell asinan un convenio de colaboración con vantaxes para os negocios asociados

A presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias, e o director rexional Galicia Norte de Banco Sabadell, David Martis Sánchez, durante a sinatura do convenio / FOTO ARUME
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Sabadell Gallego asinaron a renovación do convenio de colaboración mediante o que os 168 socios que actualmente integran a asociación poderán obter condicións vantaxosas en diferentes produtos da entidade bancaria. En virtude deste acordo, Banco Sabadell pon a disposición dos comerciantes e empresarios asociados a ACEBE CCA un conxunto de produtos e servizos financeiros, persoalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
Pola súa parte, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto- ACEBE CCA, pode acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro persoalizado.
Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiación e de servizos. Destacan, entre outros: a Cuenta Sabadell Negocios Plus PRO, unha conta pensada para que autónomos, comercios, despachos profesionais e pequenas empresas se fagan grandes e a Cuenta Sabadell Negocios Pro, deseñada á medida dos autónomos, comercios e negocios, con toda a operativa necesaria para o día a día da súa actividade. E para a súa economía persoal e os seus empregados a Cuenta Sabadell-PRO, para a domiciliación da nómina ou ingresos personais.
O acordo foi asinado pola presidenta da Asociación, María Luisa Pérez Iglesias, e por David Martis Sánchez, director rexional Galicia Norte de Banco Sabadell.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

