ACEBE CCA e Banco Santander asinan un convenio que elimina as comisións polos pagamentos con tarxeta aos negocios asociados

De esquerda a dereita: o director de zona do Banco Santander, Jesús González Castro; a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias; e a directora da oficina do Banco Santander en Betanzos, Lucía Santos Ferreiro / ARUME

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración mediante o que os 170 negocios que actualmente integran a asociación poderán obter condicións vantaxosas en diferentes produtos da entidade bancaria.

Entre as vantaxes que ofrece o convenio, Santander elimina as comisións polos pagos con tarxeta co seu TPV con Tarifa plana a 0 euros ata un máximo de 25.000 euros ao mes. A promoción estará vixente ata o 25 de novembro de 2026. Para beneficiarse da oferta, é imprescindible ser titular dunha conta Santander; domiciliar os seguros sociais da empresa ou cotizacións á Seguridade Social e o pago de polo menos un dos impostos relacionados coa actividade profesional do empresario. Tamén é preciso formalizar por primeira vez un contrato de TPV con Getnet a través do Banco, na súa modalidade Tarifa plana. Se a actividade do cliente non é susceptible de contratación de TPV pode beneficiarse dunha mellora do 90% na tarifa de comisións. Outra das condicións para poder acceder á promoción é contratar e manter domiciliado un seguro de protección por unha prima anual igual ou superior a 300 euros.

Por outro lado, Banco Santander ofrece aos asociados de ACEBE CCA a súa Cuenta negocios, sen comisións; 3 meses sen coste de Legálitas Negocios (asesoría legal, fiscal e contable) e un ano sen custe en protección dixital fronte a ciberataques para un dispositivo.

Para os emprendedores ofrecen axuda sen custe para o proceso de creación da empresa ou de alta como autónomo.

O acordo foi firmado pola presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias, e pola directora da oficina do Banco Santander en Betanzos, Lucía Santos Ferreiro.


Novas relacionadas


CASE UNHA TRINTENA DE NEGOCIOS ASOCIADOS CELEBRA O SAMAÍN CON DOCES SORPRESAS

27/10/2026

Un total de 27 negocios de diferentes sectores asociados a ACEBE CCA celebrarán o Samaín agasallando con doces aos nenos e nenas que acudan disfraza...


leer máis


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis