ACEBE CCA e Sabadell Gallego asinan un convenio de colaboración con vantaxes para o comercio local

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Sabadell Gallego asinaron un convenio de colaboración mediante o que os 160 socios que actualmente integran a asociación poderán obter condicións vantaxosas en diferentes produtos da entidade bancaria. En virtude deste acordo, Sabadell Gallego pon a disposición dos comerciantes e empresarios asociados a ACEBE CCA un conxunto de produtos e servizos financeiros, persoalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.

Pola súa parte, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto- ACEBE CCA, pode acceder a unha amplia variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro persoalizado en liñas subvencionadas, comercio exterior, financiación a clientes, factoring, confirming, tpv e comercio electrónico, etc.

Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiación e de servizos. Destacan, entre outros: a Cuenta Expansión Negocios-PRO, un pack especialmente deseñado á medida dos autónomos e comercios, que reúne toda unha serie de vantaxes: transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuito, BS Online e BS  Móvil gratuito e tarxetas de crédito e débito gratuitas.

E para a súa economía persoal e os seus empregados, a Cuenta Expansión-PRO, para a domiciliación da nómina ou ingresos personais. Conta sen comisións, con tarxetas gratuitas. Anticipo nómina sen ningún tipo de custe, xunto a produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados.

O acordo foi asinado pola presidenta da Asociación, Antonia Anido Díaz, e por Manuel Prol Cid, Director Territorial de Colectivos Profesionais e Colaboradores de Sabadell Gallego. No acto da sinatura acompañárono por parte da Asociación, a xerente, Rocío Ferreño Fraga. E por parte de Sabadell Gallego, Marino Guardado, director da oficina de Betanzos e Fernando J. Miranda Rodríguez, director de colectivos profesionais.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis