ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE colabora na venda dos calendarios solidarios Noel Balsa González editados polo IES Francisco Aguiar

O IES Francisco Aguiar de Betanzos editou, por sétimo ano consecutivo, os calendarios solidarios Noel Balsa González en favor de Cris Contra el Cáncer, co patrocinio da Fundación María José Jove.
Coa edición dos calendarios solidarios, o IES Francisco Aguiar mantén no recordo a Noel Balsa González, o mozo betanceiro que fora alumno do centro e que faleceu por mor dun meduloblastoma tras loitar durante anos contra esta enfermidade. A recadación íntegra das vendas destínase á investigación contra o cancro infantil a través da Fundación Cancer Research Innovation Spain (criscancer.org/es).
Os calendarios, elaborados con ilustracións de alumnos e alumnas do centro, están á venda na secretaría do IES Francisco Aguiar, nas oficinas de ACEBE CCA (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas) e en once negocios colaboradores asociados a ACEBE CCA. O seu prezo é de 5 euros.
Os establecementos asociados nos que poden mercarse os calendarios son: Comercial Veiga, Amizar Psicología, Beatriz 13, Libraría Biblos, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Óptica Brigantium, Ortopedia Betanzos, Fontela 2000, T-Peino, O Ekolar e Xoma Kids.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

