ACEBE CCA recibe o Garelo de Comercio e Industria

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que cada dous anos o Concello outorga a persoas ou entidades de Betanzos en recoñecemento aos seus méritos.
ACEBE CCA, recibiu o Garelo de Comercio e Industria pola súa traxectoria de máis de tres décadas na defensa e promoción do pequeno comercio, recolleu o galardón a súa Presidenta, Antonia Anido.
No apartado de Educación e Cultura o galardón foi para o C.E.I.P Francisco Vales Villamarín, coincidindo co seu corenta aniversario. Recolleu a distinción o director do centro, Andrés Otero Martínez.
O Garelo de Deporte foi para os dous padexeiros do Clube Ría de Betanzos, David Mosquera e Carlos Arévalo, polos logros deportivos conseguidos nos últimos anos.
A entrega das distincións, un diploma e unha figura en cristal do Globo de Betanzos, foi o día 14 de agosto, trala Coroación e a lectura do Pregón das festas, nun acto celebrado na Sala Capitular ante a presenza da Corporación Municipal.
No transcurso do acto tamén se entregaron os premios das Balconadas 2012, tamén de carácter bianual.
 


Noticia extraída do Nº 319 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis