Arroz á Ternera Grill

Receita cedida por Restaurante Ternera Grill

Serve como primeiro prato. Grao de dificultade: 1. Tempo de elaboración: 40 minutos.

Ingredientes (para 4 persoas):

-400 gramos de arroz previamente cocido e frío.

-1 cenoria en xuliana.

-3 salchichas ou chourizo en brunoise.

-1 cebola en brunoise.

-100 gramos de xudías cocidas.

-Aceite.

-Salsa soia.

-2 filetes de tenreira en xuliana.

-1 tortilla francesa cortada a gusto.

Preparación:

-Colocamos unha sartén a lume alto e agregamos aceite. Imos incorporado a tenreira. Cando estea doradiña engadimos o chourizo ou as salchichas (o que prefiras). Cando doren, agregamos o resto das verduras, imos removendo e baixamos a temperatura a lume medio.

-Neste punto engadímoslle a salsa de soia e o arroz e remexemos ata que todos os ingredientes se mesturen.

-Apagamos e empratamos. Para decorar engadímoslle a francesa previamente cortada e servimos.


Noticia extraída do Nº 379 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis