Arroz con leite

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes:

-2 litros de leite enteira

-500 g de azucre

-200 g de arroz bomba

-2 paus de canela

-Pel de limón e laranxa o máis finas posible, evitando a parte branca

-Canela en po

Elaboración:

-Ponse a quentar a lume medio o leite coa canela en rama e a pel de limón e laranxa para aromatizar.

-Pasamos por auga o arroz e escurrimos.

-Cando comece a ferver o leite retírase do lume, quitamos a canela en rama e as peles de limón e laranxa.

-Volvemos a levar ao lume mínimo o leite e incorporamos o arroz. Imos removendo pouco a pouco a lume mínimo ata que o arroz inche. Neste momento incorporamos o azucre. Seguimos cocendo 15 minutos máis. Irá espesando pouquiño a pouco.

-Retiramos do lume, deixando repousar uns 10 minutos. Despois pasamos a un recipiente de cristal grande ou a individuais e decoramos ao gusto con canela en po.


Noticia extraída do Nº 363 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis