ASEM Galicia asina un convenio co centro de terapias ecuestres Equinosens

O coordinador de ASEM Galicia en A Coruña, Domingo Presas, e a directora de Equinosens, Laura Gándara

A Asociación de Enfermedades Neuromusculares (ASEM) Galicia asinou un convenio de colaboración co centro Equinosens no que se aplican terapias con cabalos orientadas a todo tipo de persoas con diversidade funcional.

Mediante o acordo suscrito as persoas afectadas por enfermidades neuromusculares asociadas a ASEM Galicia poderán beneficiarse de descontos especiais nos servizos que presta o centro.

O convenio foi asinado polo Coordinador de ASEM Galicia en A Coruña, Domingo Presas, e pola directora de Equinosens, Laura Gándara.

Equinosens está ubicado na parroquia de Requián, en Betanzos, e no centro realizan traballo terapéutico con cabalos adestrados específicamente para esta labor. A directora de Equinosens, Laura Gándara, ten unha ampla experiencia como terapeuta ocupacional. Ademais, organizan campamentos lúdico-terapéuticos e inclusivos nos que participan persoas con e sen diversidade funcional e tamén as súas familias.


Novas relacionadas


O GRUPO TÁBORA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES NEUROMUSCULARES (ASEM) ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

18/09/2019

O grupo Tábora, do que forma parte Óptica Betanzos, asinou un convenio de prestación de servizos coa Asociación Galega de Enfermidades Neuromuscul...


leer máis


A FARMACIA COUCEIRO RECIBE A MEDALLA DE PRATA DE BETANZOS POLOS SEUS 300 ANOS DE HISTORIA

01/08/2019

A Farmacia do Dr. Couceiro recibiu a medalla de prata de Betanzos en recoñecemento aos seus tres séculos de historia. A alcaldesa, María Barral, fi...


leer máis


MANUEL PEDREIRA ABRE O CICLO DE CHARLAS QUE ORGANIZA ACEBE CCA COAS SÚAS ASESORÍAS ASOCIADAS

04/07/2019

Manuel Pedreira, titular da Asesoría Apebe, en Betanzos, foi o encargado de abrir o ciclo de charlas formativas que organiza ACEBE CCA en colaboraci...


leer máis


DOCERÍA RÁBADE, MÁIS DE CEN ANOS DE TRADICIÓN REPOSTEIRA SEGUINDO AS RECEITAS DO AVÓ CONSTANTE

21/05/2019

En 1916 Constantino Rábade abriu a docería que na actualidade xestiona a súa neta Carmen onde traballan outras dúas persoas da familia que elabora...


leer máis