Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Bacallau á galega con col Kale
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes (para 4 persoas):
-Poñemos a desalar os lomos de bacallau no frigorífico por 72 horas, cortados en pedazos de 300 g aproximadamente, cambiando a auga pola mañá e pola noite.
-Un kilo de patacas kenebec.
-2 manoxos de col Kale.
-200 g de guisantes.
-2 cabezas de allos.
-Un vaso de aceite de oliva virxe extra.
-Pementón doce.
-Chorriño de vinagre branco ao gusto.
Elaboración:
-Unha vez desalado o bacallau poñémolo a escurrir e tentamos sacarlle todas as espiñas antes de cociñalo.
-Poñemos a cocer a pataca cortada nuns 3 cm de grosor. Cando pinche a pataca con facilidade agrégase o bacallau, ao levantar fervor agárdase 5 minutos e agréganse os guisantes, en 10 minutos máis agrégase a col Kale e apágase o lume.
-Aparte, nunha tixola quentamos o aceite e unha vez que tome calor agregamos os allos cortados en láminas, cando comecen a tomar color retiramos do lume a tixola.
-Coamos o aceite a un recipiente de aceiro sen os allos, engadimos unha pataca da de cocer o bacallau, 2 culleradas colmadas de pementón doce e un chorriño de vinagre.
-Aparte escurrimos a auga de cocer patacas, bacallau, guisantes e verdura deixando un mínimo de auga no fondo. Agregamos o aceite anteriormente emulsionado e damos un fervor por 8 minutos. Despois servimos.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...