Bacallau ao Tío Xan

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes para 4 persoas:

1 kg 200 g de bacallau salgado e desalgado por nós

1 kg. de mazá Kanzi

1 pemento vermello

1 pemento verde

1 guindilla

4 cebolas medianas "chata de Miño"

Aceite de oliva virxe

Fariña

Preparación:

1.-Os trozos de bacallau córtanse en racións de 300 gramos aproximadamente, pásanse moi escasamente por fariña e por aceite e resérvanse.

2.-Coa mazá elaboramos un puré. Os pementos e as cebolas cortámolos en cadradiños e pochamos no mesmo aceite onde fritimos suavemente os lombos de bacallau. Salpimentamos e escurrimos.

3.-Sempre en tarteira de barro dispoñemos o puré de mazá, enriba os lombos de bacallau e a grellada de pementos e cebola.

4.-Cociñamos a forno a baixa temperatura uns 20 minutos, ata que comecen a soltar a xelatina os lombos de bacallau.


Noticia extraída do Nº 317 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


BONITO DE BURELA AO FORNO

09/07/2020

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 8 personas: -Quilo e medio de bonito, libre de pel e espiña -1 quilo de patacas...


leer máis


TATAKI DE ATÚN VERMELLO BALFEGO SOBRE CAMA DE BROTES TENROS

28/05/2020

Receita cedida por Restaurante Casanova (Betanzos) Ingredientes: -Lombo de atún vermello -Brotes tenros -Ajonjolí bicolor -boliño de...


leer máis


SOLOMBO DE VACA SOBRE CAMA DE PURÉ DE PATACAS E SUTILEZA DE VERDURIÑA

22/05/2020

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: ·Solombo de vaca de 280 gramos aproximadamente Puré de patacas: ·4 patacas do ...


leer máis