Receita cedida por Restaurante Ternera Grill Ingredientes: Para 8 personas -500 gr. de tallarines. -150 gr. de anillas de calamar. -150...
Bacallau con coliflor á galega
Receita cedida por Restaurante Ternera Grill
Un segundo prato que alegrará a nosa mesa no Nadal recordando as receitas das nosas avoas.
Ingredientes:
-Para 4 persoas
4 trozos de lomo de bacallau
1 coliflor mediana
4 patacas
2 cebolas
4 dentes de allo
3 culleradas pequenas de pimentón doce
2 culleradas pequenas de sidra
Sal ao gusto, aceite e perexil
Elaboración:
Tempo de elaboración: 35 minutos.
1.-Cortamos en xuliana as cebolas e os allos en láminas moi finas. Nunha tixola agregamos aceite suficiente. Incorporamos a cebola e os allos cunha pizca de sal a lume medio baixo.
2.-Cando a cebola e os allos estean cristalinos, incorporamos a sidra e as 4 culleradas de pementón doce. Remexemos e retiramos do lume.
3.-Nunha pota colocamos as patacas peladas e picadas en 4 e a coliflor cortada cunha pizca de sal. Poñémolo a cociñar e cando estean brandiños incorporamos o bacallau, tapámolo e deixamos cociñar por 5 minutos. Escurrimos a auga e reservámola.
4.-Engadimos a allada, o perexil e, da auga que reservamos, agregamos un pouco. Tapamos e cociñamos 1 minuto ata que todos os ingredientes se mesturen.
5.-Servimos.
Novas relacionadas
09/07/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 8 personas: -Quilo e medio de bonito, libre de pel e espiña -1 quilo de patacas...
25/06/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 4 persoas: 1 kg 200 g de bacallau salgado e desalgado por nós 1 kg. de mazá Ka...
28/05/2020
Receita cedida por Restaurante Casanova (Betanzos) Ingredientes: -Lombo de atún vermello -Brotes tenros -Ajonjolí bicolor -boliño de...