Bacallau con gulas e calabacín

Receita cedida por Restaurante Cho

Ingredientes

-300 g de bacallu desalado

-80 g de calabacín

-30 g de gulas

-1 dente de allo

-2 lagostinos

-1 pataca grande

-250 ml de nata

-Caldo de peixe

-Fariña

Elaboración:

1.-Nunha tixola poñemos aceite, pasamos o bacallau por fariña, selámolo e reservámolo.

2.-Na mesma tixola engadimos o allo picado, o calabacín e as gulas e salteamos ata que estea cociñado o calabacín.

3.-Aparte fritimos as patacas en panadeira.

4.-A continuación engadimos no salteado as patacas e o bacallau e incorporamos o caldo de peixe e a nata.

5.-Deixamos cociñar durante 8 minutos, dependendo do grosor do bacallau. 3 minutos antes de que estea listo engadimos os lagostinos.


Noticia extraída do Nº 338 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis