O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
Betanzos acolle unha xornada sobre réxime xurídico das actividades deportivas no medio natural
Os días 19 e 20 de outubro celebraranse no cinema Alfonsetti de Betanzos unhas xornadas sobre réxime xurídico das actividades deportivas no medio natural.
O obxectivo das xornadas é analizar o réxime xurídico, a problemática e o estado do desenvolvemento e organización de actividades deportivas no medio natural. Exporanse os problemas máis frecuentes e proporanse solucións para a xestión deste tipo de actividades.
O día 19 a partir das 9.00 horas dará comezo a xornada informativa na que se celebrarán sete conferencias nas que participarán expertos nas diferentes temáticas. A xornada concluirá cunha mesa redonda sobre os retos de futuro cara unha regulación dinámica das actividades deportivas no medio natural.
O día 20 está prevista unha actividade de sendeirismo na Reserva da Biosfera.
Poden ampliar información na web: www.agdd.es
As xornadas están organizadas pola Asociación Galega de Dereito Deportivo e contan coa colaboración de Mandeo Multisport, o Concello de Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...