ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
Betanzos acolle unha nova edición de MercaBetanzos organizada por ACEBE CCA

A Praza Irmáns García Naveira acollerá os días 7 e 8 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado das oportunidades do comercio local, organizada por ACEBE CCA. O evento, no que se darán cita unha quincena de establecementos comerciais asociados a ACEBE CCA, estará aberto en horario ininterrompido o sábado de 11.00 a 21.00 horas e o domingo de 11.00 a 20.00 horas.
O mercado estará instalado no interior dunha carpa ubicada na Praza dos Irmáns García Naveira e contará con postos de moda, complementos, beleza, óptica e parafarmacia, alimentación, saúde e este ano, como novidade, viaxes. Os clientes que se acheguen a MercaBetanzos poderán adquirir produtos de stock a prezos moi reducidos, con descontos que serán, como mínimo, do 50%.
Nesta edición de MercaBetanzos participarán os seguintes establecementos: Bicoca Moda Home, Carrousel, Confecciones Chela, Dans, Freesia, Isi, La ventana al Sur, Lencería Alicia, New Place, Outfit, Óptica e Parafarmacia Selgas, Tikismikis, Traviesa, Viajes Betantur e Xomakids.
Na organización de MercaBetanzos colabora o Concello de Betanzos, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Ademais, ao igual que en anos anteriores, a empresa concesionaria do aparcadoiro soterrado, Parking Betanzos, colabora con ACEBE CCA facilitando aos establecementos participantes tickets de parking de media hora para que poidan entregarllos aos seus clientes e facilitarlles así o estacionamento durante a fin de semana que dura o evento.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

