Betanzos activa as medidas do protocolo de contención do coronavirus

Foto CDC on Unsplash

Ante a situación provocada pola pandemia do coroavirus Covid-19, o Concello de Betanzos anunciou a adopción dunha serie de medidas orientadas a contribuir á contención da propagación do virus. Así, suspendéronse todas as actividades municipais e as previstas en instalacións municipais.

Estas medidas afectarán tamén ás feiras do 1 e 16 e aos mercados semanais dos martes, xoves e sábados que quedan tamén suspendidos temporalmente.

Estará pechado ao público o centro social de maiores da Praza García Irmáns, a zona de exposicións do Edificio Liceo, o Salón Azul e a Aula de Cultura Xulio Cuns. Tamén estarán pechadas a Biblioteca Municipal, o Museo de As Mariñas, a Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Aula CeMIT, onde se cancelaron todas as actividades e cursos previstos.

As medidas tamén inclúen as instalacións deportivas e tanto o pavillón polideportivo como a piscina municipal ou os campos de fútbol de O Carregal estarán pechadas.

A actividade da Escola Municipal de Folclore, da Escola Infantil Santiago de la Fuente e do Conservatorio Municipal de Música tamén se paralizará temporalmente.

Por outro lado, no que respecta á atención ao cidadá, o Concello recomenda empregar os medios telemáticos para realizar os trámites precisos e só acudir ás oficinas municipais en caso de tramitacións urxentes que non poidan adiarse.

Todas estas medidas forman parte dun plan de prevención e de contención da propagación do Covid-19 que tamén foron adoptadas por outros municipios da comarca e polas asociacións culturais, sociais e deportivas de Betanzos.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis