Betanzos participa no Salón Turístico de Galicia de Silleda

Imaxe do stand de Betanzos en Silleda

A Feira Medieval, as festas de San Roque e a Semana Santa son algúns dos elementos principais da promoción do Concello en Festur

 

Betanzos participa na VII edición da Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, que se celebra en Silleda coincidindo co Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, un evento que o ano pasado recibiu a visita de máis de 100.000 persoas.

O expositor do Concello de Betanzos está ilustrado con fotografías da cidade, das festas, dos Caneiros e do 800 aniversario do traslado da cidade dende Tiobre ao castro de Untia. Ademais, no stand promocionaranse a Feira Medieval, as festas de San Roque e a Semana Santa, todas elas declaradas de interese turístico.

Esta é a segunda feira de turismo na que Betanzos está presente este ano con stand propio, logo da participación na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur). Entre o 6 e o 9 de xuño, o concelleiro de Turismo en funcións, Pablo Beade, e técnicos municipais manterán xuntanzas con turoperadores internacionais para que inclúan entre os seus destinos a Betanzos.

A Escola Municipal de Folclore tamén participará no evento cunha actuación o domingo día 9.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis