Betanzos protagonista de La Vuelta Ciclista a España

Vista panorámica da Praza antes da saída da etapa / FOTOS ARUME

Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1

A cuarta etapa saíu dende a Praza do Campo. O Concello destacou o impacto económico e promocional para a cidade

 

Betanzos viviu o 23 de agosto un momento histórico. Por primeira vez a cidade foi saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España.

E os betanceiros sairon á rúa dende ben cedo para non perder detalle da infraestrutura montada na Praza do Campo e para poder achegarse a ciclistas como Alberto Contador, Nairo Quintana, Chris Froome...

O Concello mostrou a súa satisfacción e destacou o "impacto económico, que a día de hoxe resulta incalculable, e a repercusión que un evento destas características ten para unha cidade como Betanzos", dixo o Alcalde, Ramón García, que ao longo da mañá foi entrevistado por diferentes medios de comunicación.

E é que La Vuelta ten seguemento en 130 países do mundo e a cobertura mediática abrangue diferentes medios de comunicación: radios, televisións, xornais, e redes sociais. O Concello aproveitou a ocasión para promocionar a cidade e a campaña "Betanzos tan cerca" cun stand no que se repartiron 3.000 pinchos de tortilla entre os asistentes. Dentro da carpa da organización, presentouse unha nova guía da cidade na que destacan os monumentos góticos.

O Alcalde, Ramón García, agradeceu a resposta dos cidadáns, tanto pola "comprensión ante as medidas que houbo que tomar como cortes de rúas e modificación do tráfico", dixo, "como pola resposta e implicación na proba que nos mereceu as felicitacións dos organizadores que quedaron sorprendidos da resposta que deu Betanzos", dixo.

O Alcalde cortou a cinta inaugural que deu saída á proba, xunto ao Presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o Director Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o Director de La Vuelta, Javier Guillén.

 


Noticia extraída do Nº 286 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis