Betanzos rende homenaxe a Rosalía de Castro

Algúns dos versos rosalianos que poderán verse estes días nos edificios municipais. Arquivo

Betanzos celebra o Día de Rosalía con varias actividades entre os días 17 e 29 de febreiro para homenaxear á poetisa. Haberá exposicións, actividades nos centros escolares e un acto público no Edificio Arquivo

 

Ata o 29 de febreiro exporase na Biblioteca Municipal Castelao unha mostra bibliográfica sobre a vida e obra de Rosalía de Castro que poderá visitarse en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.0 a 21.00 horas e os sábados de 10.30 a 13.00 horas.

Tamén volverán aos balcóns dos edificios municipais os "versos rosalianos na rúa", unha mostra que poderá contemplarse entre o 17 e o 29 de febreiro.

Os centros educativos acollerán os días 27 e 28 intervencións teatralizadas baixo o nome "Sempre Rosalía" por conta dos actores Diego Freire e Ana Ponte, de Produccións Dispersas.

A homenaxe pública será o venres 28 ás 19.30 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns, cun acto no que intervirán escolares e representantes de diferentes entidades. O evento está organizado polo Concello e pola Asociación Cultural Eira Vella.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis