A “Camerata Brigantina” ofrece o seu primeiro concerto

Un momento do concerto de estrea da “Camerata Brigantina” o pasado 14 de abril na aula de Cultura

A “Camerata Brigantina” estreouse con éxito no seu primeiro concerto ante un numeroso público que encheu a Aula de Cultura o pasado 14 de marzo.
Esta nova formación musical está dirixida por Florian Vlashi, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia e profesor do Conservatorio Municipal de Betanzos, e integrada por vinte músicos que proceden na súa maioría do Conservatorio.
Florian Vlashi destacou a calidade dos músicos neste primeiro concerto e sinalou que foi unha sorpresa para todos o bo resultado da actuación: “sonou tan ben que nos sorprendimos nós mesmos”.
A Camerata formarase con sección de corda aínda que tamén se incorporarán instrumentos de vento, de metal e de percusión, segundo o requira o repertorio.
Según explicou o director da nova agrupación, ademais dos habituais escearios de concertos, a Camerata ten a intención de ofrecer actuacións noutros escearios como escolas, centros da terceira idade ou hospitais para tratar de achegar a música clásica a lugares e a persoas que habitualmente non poden asistir a un concerto.
Teñen previsto actuar proximamente na Residencia de Anciáns aínda que a data está sen confirmar.
 


Noticia extraída do Nº 174 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis