CAMPAÑA "RASCA E GAÑA"

Imaxe do boleto "Rasca e Gaña"

ACEBE CCA sortea 1.500 euros na campaña “Rasca e Gaña”

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, organiza unha campaña promocional “Rasca e Gaña” na que se porán en xogo un  total de 1.420 premios. En concreto, os clientes poderán gañar de forma directa un total de 10 acebecheques de 100 euros cada un e outros 10 acebecheques de 50 euros cada un. En total, 1.500 euros en premios.

Ademais, haberá 1.400 bolsas de tea de algodón reutilizables que os clientes poderán gañar cos seus boletos.

ACEBE CCA repartirá entre os seus establecementos asociados un total de 8.500 papeletas “Rasca e Gaña” das cales 1.420 estarán premiadas. Cada un dos comercios e empresas asociadas recibirá 50 boletos para entregar aos seus clientes.

 Os comerciantes entregarán os boletos entre os días 27 e 31 de maio de 2019 ou ata fin de existencias nos comercios e empresas pertencentes á asociación. A entrega realizarase en función da compra realizada e cada comerciante terá liberdade para establecer ou non un mínimo de compra para entregar as papeletas.

Para que o boleto teña validez é imprescindible que estea selado polo establecemento emiso.

Como reclamar o premio

No caso de atopar unha papeleta premiada, o interesado terá que dirixirse co boleto á oficina de ACEBE CCA, ubicada na Praza Mestre Xosé Dapena Nº 1 de Betanzos, en horario de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres, onde o persoal da oficina se ocupará de xestionar a entrega do agasallo. Os premios non serán canxeables polo seu valor en efectivo.

Non se considerarán válidos os boletos premiados cando nos mesmos se aprecien roturas, tachaduras, enmendas ou deterioros, ou cualquera otra alteración ou manipulación que impida ou dificulte a súa total e perfecta identificación e autentificación como boletos premiados.

Non poderán participar na promoción o titular, os empregados ou ascendentes/descendentes directos do titular do establecemento emisor do boleto. Si poderán participar nos emitidos por outros establecementos asociados. Non poderán participar en ningún caso os empregados de ACEBE.CCA nin os membros da Xunta Directiva da Asociación. Os premios só poderán ser entregados a persoas maiores de idade. No caso de que algunha persoa premiada sexa menor de 18 anos a entrega realizarase aos seus titores legais, que deberán acreditar documentalmente a súa condición.

Os acebecheques só se poderán canxear nos establecementos asociados a ACEBE CCA. O listado de establecementos estará dispoñible a través da páxina web www.comerciodebetanzos.com.

A data límite para reclamar o premio é o 12 de xullo de 2019.

Consulta aquí as BASES COMPLETAS  da campaña.

BASES DA PROMOCIÓN BASES DE LA PROMOCIÓN

Noticia extraída do Nº 319 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA 35 OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E ADULTOS

15/12/2025

ACEBE CCA organiza entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro un total de 35 obradoiros para público infantil e adulto, como complemento á súa Campañ...


leer máis


ACEBE COLABORA NA VENDA DOS CALENDARIOS SOLIDARIOS NOEL BALSA GONZÁLEZ EDITADOS POLO IES FRANCISCO AGUIAR

23/11/2025

O IES Francisco Aguiar de Betanzos editou, por sétimo ano consecutivo, os calendarios solidarios Noel Balsa González en favor de Cris Contra el Cán...


leer máis


ACEBE CCA INCORPORA UNHA TRABALLADORA Á PLANTILLA A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA

21/11/2025

ACEBE CCA incrementou a súa plantilla cunha traballadora contratada a través dunha subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa...


leer máis


ACEBE CCA SORTEA PREMIOS POR VALOR DE 2000 EUROS ESTE NADAL

12/11/2025

ACEBE CCA organiza unha nova campaña de Nadal na que sorteará un total de 37 premios valorados en 2000 euros entre os clientes que realicen as súa...


leer máis