Carrilleiras Ibéricas

Receita cedida por Mesón Avenida

Ingredientes:

-4 carrilleiras ibéricas

-1 cebola grande

-2 dentes de allo picados

-1 cenoria

-1 puerro

-175 g de tomate natural triturado

-500 ml de viño doce

-500 ml de caldo

-1 culleradiña de cacao en polvo

-sal e pementa

-fariña

-aceite de oliva

Elaboración:

1.- Salpementa as carrilleiras e pásaas por fariña retirando o exceso

2.-Pon na pota un pouco de aceite e marca as carrilleiras para que se doren lixeiramente. Retira e resérvaas.

3.-Trocea a cebola, o puerro e as cenorias e pocha na mesma pota a lume baixo uns 10 minutos.

4.-Engade o allo picado e o tomate e sofríe outros 10 minutos a lume baixo removendo de vez en cando.

5.-Bota o viño doce e deixa reducir uns minutos para que evapore o alcohol. Volve a colocar as carrilleiras, incorpora o caldo, un pouco de auga para que queden case cubertas e coce unhas 3 horas a lume baixo (30 minutos se o fas en olla a presión). Deixa reducir o caldo unha terceira parte.


Noticia extraída do Nº 349 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis